A Clásica

O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira , onde a Asociación de Veciños “Tambre” aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polos organizadores Maratón.

Neses días en Negreira, segundo os xornais da época, xa non se falaba doutra cousa, agás do Referendum, claro está.

O temporal de vento e choiva dese venres de decembro non impediu que uns 200 corredores e corredoras coas máis dispares indumentarias.

En Negreira, ese día venceuse á climatoloxía e a entrega de trofeos no patio do Colexio Público rematou cun lunch na Sala de Festas Gran Vía no que a organización agasallou aos sufridos participantes, na maioría veciños.

Logo, todo foi tirar cara adiante e a satisfacción de que todas as pequenas iniciativas e o esforzo conxunto dun pobo pode chegar ás metas que se propoña. Polo camiño, centos de persoas que aportaron o seu esforzo.

A todos eles debemos o noso agradecemento e a máis sincera felicitación porque foron facendo camiño.

Na actualidade a proba é unha das máis importantes de Galicia, con grandes premios e un altísimo nivel de participación. Despois de case 40 anos de historia a Carreira de Negreira segue sendo un referente das probas de atletismo popular.

Está considerada a 14ª mellor carreira 10 k. de España publicado no anuario de probas do circuito nacional, según o informe dos delegados técnicos da RFEA.

Información

A Clásica Negreira

CARREIRA INTERNACIONAL A CLÁSICA

Data: domingo, 15 de novembro de 2026
Hora: a partir das 9:45 h.
Lugar: Negreira.
Distancia: de 200 m. a 10.000 m.
Organiza: Concello de Negreira.
Inscrición: ata mércores, 11 de novembro ás 22:00 h.

INSCRICIÓN AQUÍ

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA MASTER 5K

Data: domingo, 15 de novembro de 2026
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: Negreira.
Distancia: 5.000 m. (homologado)
Organiza: RFEA, colabora Concello de Negreira
Inscrición: ata o luns 2 de novembro

INSCRICIÓN AQUÍ

 

Carreiras e horarios

1ª CARREIRA (5 K.): DENDE SUB-16 A MASTER. DISTANCIA: 5.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 9:45 h

2ª CARREIRA (CAMPIONATO ESPAÑA MASTER 5 K.): . DISTANCIA: 5.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:30 h

3ª CARREIRA (10 K.): SUB-20 A MASTER. DISTANCIA: 10.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 11:10 h

4ª CARREIRA: SUB-14 E SUB-12. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:30 h

5ª CARREIRA: SUB-10. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:45 h

6ª CARREIRA: PREBENXAMÍNS. DISTANCIA: 250 m. HORA SAÍDA: 13:10 h

7ª CARREIRA: CHUPETES. DISTANCIA: 200 m. HORA SAÍDA: 13:20 h.

 

O prazo de inscrición de participantes na XLV CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA quedará aberto dende o martes 1 de setembro ata ás 22:00 h. do mércores 11 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse neste enlace. (soporte técnico: 654 285 692 – Email: soporte@emesports.es).

Para participar na 1ª Carreira (DENDE SUB-16 ATA MASTER) 5.000 m. (Homologada) e a 2ª Carreira (DENDE SUB-20 ATA MASTER) 10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 8 €/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición, dende o 01/09/2026– 11/10/2026, e 10 €/participante dende o 12/10/2026– 11/11/2026.

 

 Categorías: 

Chupete F/M: Nados/as en 2021 e posteriores.

Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2019 e 2020.

SUB 10 – Benxamín F/M: Nadas/os en 2017 e 2018.

SUB 12 – Alevín F/M: Nadas/os en 2015 e 2016.

SUB 14 – Infantil F/M: Nadas/os en 2013 e 2014.

SUB 16 – Cadete F/M: Nadas/os en 2011 e 2012.

SUB 18 – Xuvenil F/M: Nadas/os en 2009 e 2010.

SUB 20 – Xunior F/M: Nadas/os en 2007 e 2008.

SUB 23 – Promesa F/M: Nadas/os en  2004, 2005 e 2006.

Senior F/M: Nadas/os en 1992 ao 2003.

Master 1 M35 – F35: Nados entre 1986-1991

Master 2 M40 – F40: Nados entre 1976-1985

Master 3 M45 – F45: Nados entre 1966-1975

Master 4 M50 – F50: Nados entre 1965 e anteriores

 

Horarios entrega de trofeos

CAMPIONATO DE ESPAÑA MASTER 5K: 12:30h.

CARREIRA INTERNACIONAL A CLÁSICA (5K e 10K): 13:30h

 

Regulamento

Enlace para a descarga do regulamento

RESULTADOS

DA XLIV CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA

 

Ver resultados

Palmarés

HOMES
ANO
MULLERES
WILSON TIMBILI (Kenia)
2000
ESTHER PEDROSA (Galicia)
BENJAMIN ROTICH (Kenia)
2001
ANA PAULA OLIVEIRA (Portugal)
WILSON TIMBILI (Kenia)
2002
ESTHER PEDROSA (Galicia)
AFAT RAKIPOV (Rusia)
2003
ANALÍA ROSA (Portugal)
BERNARD ROTICH (Kenia)
2004
ROCÍO RODRÍGUEZ (Galicia)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2005
HELENA SAMPAIO (Portugal)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2006
REGINA CHEROTIC (Kenia)
JOSÉ ROCHA (Portugal)
2007
GLADYS CHERONO (Kenia)
TITUS MASAI (Kenia)
2008
DULCE FELIX (Portugal)
PETER KIRUI (Kenia)
2009
FILOMENA COSTA (Portugal)
JOSEPH KIPKOSGEI (Kenia)
2010
MARISA BARROS (Portugal)
KEITANY KIPLAGAT (kenia)
2011
CLARISSE CRUZ (Portugal)
TSEGAYE MEKONNEM (Ethiopia)
2012
MARTA TIGABEA (Ethiopia)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2013
CLARISSE CRUZ (Portugal)
YUSUF KIBET (Kenia)
2014
MARÍA J. GESTIDO (Galicia)
MICHEL BETT (Kenia)
2015
VITALYNE JAMAIYO (Kenia)
TITUS KIPJUMBA (Kenia)
2016
KAOUTAR BOULAID (Marruecos)
SILAS MWETICH (Kenia)
2017
KOIMA JOYLINE (Kenia)
EL HASSAN OUBADDI (Marruecos)
2018
REBECAH JERUTO CHEROP (Kenia)
ALEJANDRO FERNÁNDEZ (Galicia)
2019
SUSANA GODINHO (Portugal)
PETER KARIUKI (Kenia)
2022
JOSELYN D. BREA (Venezuela)
PETER KARIUKI (Kenia)
2023
MAURICE TOROITICH (Kenia)
WORKNEH SERBESSA (Eritrea)
2024
FEDRA LUNA (Arxentina)
GEORGE K. KIPTUM (Kenia)
2025
NOSHIM M. KIMUGE (Kenia)

Clasificacións

Últimas novas

O eritreo Workneh Serbessa gaña A Clásica de Negreira

Lunes, 4 noviembre 2024

A 43ª Carreira Internacional de Negreira destacou por superar os 1.500 participantes. O eritreo Workneh Fikre Serbessa gañou os 10.000 metros en 29:06, seguido do keniata Amón Kiptoo e David Kiplagat. Jorge Puig foi o mellor galego. En mulleres, venceu Fedra Luna. A carreira 5K gañouna Adrián Sesar, destacando a participación escolar, superando 800 corredores

A Clásica de Negreira presenta a súa 43ª edición.

Martes, 29 octubre 2024

A 43ª edición da Clásica terá lugar o domingo 3 de novembro como unha das carreiras máis importantes do circuito galego, capaz de aunar o deporte popular e o de élite, como evento de primeiro nivel dentro do calendario de carreiras 10K da Federación Española de Atletismo.

Patrocinadores