A Clásica

O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira , onde a Asociación de Veciños “Tambre” aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polos organizadores Maratón.

Neses días en Negreira, segundo os xornais da época, xa non se falaba doutra cousa, agás do Referendum, claro está.

O temporal de vento e choiva dese venres de decembro non impediu que uns 200 corredores e corredoras coas máis dispares indumentarias.

En Negreira, ese día venceuse á climatoloxía e a entrega de trofeos no patio do Colexio Público rematou cun lunch na Sala de Festas Gran Vía no que a organización agasallou aos sufridos participantes, na maioría veciños.

Logo, todo foi tirar cara adiante e a satisfacción de que todas as pequenas iniciativas e o esforzo conxunto dun pobo pode chegar ás metas que se propoña. Polo camiño, centos de persoas que aportaron o seu esforzo.

A todos eles debemos o noso agradecemento e a máis sincera felicitación porque foron facendo camiño.

Na actualidade a proba é unha das máis importantes de Galicia, con grandes premios e un altísimo nivel de participación. Despois de case 40 anos de historia a Carreira de Negreira segue sendo un referente das probas de atletismo popular.

Está considerada a 14ª mellor carreira 10 k. de España publicado no anuario de probas do circuito nacional, según o informe dos delegados técnicos da RFEA.

Información

Data: domingo, 2 de novembro de 2025
Hora: a partir das 10:00 h
Lugar: Negreira.
Distancia: de 200 m. a 10.000 m.
Organiza: Concello de Negreira.
Inscrición: ata mércores, 29 de Outubro ás 22:00 h.

INSCRICIÓN AQUÍ

 

Carreiras e horarios

1ª CARREIRA (5 K.): CADETES-XUVENIS-XUNIOR-PROMESAS-SENIOR-VETERANOS-SUPERVETERANOS. DISTANCIA: 5.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:00 h
2ª CARREIRA (10 K.): XUNIOR-PROMESAS-SENIOR-VETERANOS M35-F35, M40-F40 , M45-F45 ,M50-F50 E SUPERVETERANOS. DISTANCIA: 10.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:50 h
3ª CARREIRA: ALEVÍNS – INFANTÍS. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:10 h
4ª CARREIRA: BENXAMÍNS. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:25 h
5ª CARREIRA: PREBENXAMÍNS. DISTANCIA: 250 m. HORA SAÍDA: 12:45 h
6ª CARREIRA: CHUPETES. DISTANCIA: 200 m. HORA SAÍDA: 13:00 h.

 

O prazo de inscrición de participantes na XLIV CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA quedará aberto dende o mércores 11 de setembro ata ás 22:00 h. do mércores 29 de outubro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse neste enlace(soporte técnico: 654 285 692 – Email: soporte@emesports.es).

Para participar na 1ª Carreira (DENDE CADETE ATA SUPERVETERANOS) 5.000 m. (Homologada) e a 2ª Carreira (DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS) 10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 8 €/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición, dende o 11/09/2025– 11/10/2025, e 10 €/participante dende o 12/10/2025– 29/10/2025.

 Categorías: 

  • Chupete F/M: Nados/as en 2020 e posteriores.

  • Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2018 e 2019.

  • SUB 10 – Benxamín F/M: Nadas/os en 2016 e 2017.

  • SUB 12 – Alevín F/M: Nadas/os en 2014 e 2015.

  • SUB 14 – Infantil F/M: Nadas/os en 2012 e 2013.

  • SUB 16 – Cadete F/M: Nadas/os en 2010 e 2011.

  • SUB 18 – Xuvenil F/M: Nadas/os en 2008 e 2009.

  • SUB 20 – Xunior F/M: Nadas/os en 2006 e 2007.

  • SUB 23 – Promesa F/M: Nadas/os en  2003, 2004 e 2005.

  • Senior F/M: Nadas/os en 1991 ao 2002.

  • Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o día da proba.

  • Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o día da proba.

  • Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o día da proba.

  • Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o día da proba.

  • Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.

Regulamento

Enlace para a descarga do regulamento

RESULTADOS

DA XLIII CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA

 

Ver resultados

Palmarés

HOMES
ANO
MULLERES
WILSON TIMBILI (Kenia)
2000
ESTHER PEDROSA (Galicia)
BENJAMIN ROTICH (Kenia)
2001
ANA PAULA OLIVEIRA (Portugal)
WILSON TIMBILI (Kenia)
2002
ESTHER PEDROSA (Galicia)
AFAT RAKIPOV (Rusia)
2003
ANALÍA ROSA (Portugal)
BERNARD ROTICH (Kenia)
2004
ROCÍO RODRÍGUEZ (Galicia)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2005
HELENA SAMPAIO (Portugal)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2006
REGINA CHEROTIC (Kenia)
JOSÉ ROCHA (Portugal)
2007
GLADYS CHERONO (Kenia)
TITUS MASAI (Kenia)
2008
DULCE FELIX (Portugal)
PETER KIRUI (Kenia)
2009
FILOMENA COSTA (Portugal)
JOSEPH KIPKOSGEI (Kenia)
2010
MARISA BARROS (Portugal)
KEITANY KIPLAGAT (kenia)
2011
CLARISSE CRUZ (Portugal)
TSEGAYE MEKONNEM (Ethiopia)
2012
MARTA TIGABEA (Ethiopia)
MANUEL A. PENAS (Galicia)
2013
CLARISSE CRUZ (Portugal)
YUSUF KIBET (Kenia)
2014
MARÍA J. GESTIDO (Galicia)
MICHEL BETT (Kenia)
2015
VITALYNE JAMAIYO (Kenia)
TITUS KIPJUMBA (Kenia)
2016
KAOUTAR BOULAID (Marruecos)
SILAS MWETICH (Kenia)
2017
KOIMA JOYLINE (Kenia)
EL HASSAN OUBADDI (Marruecos)
2018
REBECAH JERUTO CHEROP (Kenia)
ALEJANDRO FERNÁNDEZ (Galicia)
2019
SUSANA GODINHO (Portugal)
PETER KARIUKI (Kenia)
2022
JOSELYN D. BREA (Venezuela)
PETER KARIUKI (Kenia)
2023
MAURICE TOROITICH (Kenia)
WORKNEH SERBESSA (Eritrea)
2024
FEDRA LUNA (Arxentina)

Clasificacións

Últimas novas

O eritreo Workneh Serbessa gaña A Clásica de Negreira

Lunes, 4 noviembre 2024

A 43ª Carreira Internacional de Negreira destacou por superar os 1.500 participantes. O eritreo Workneh Fikre Serbessa gañou os 10.000 metros en 29:06, seguido do keniata Amón Kiptoo e David Kiplagat. Jorge Puig foi o mellor galego. En mulleres, venceu Fedra Luna. A carreira 5K gañouna Adrián Sesar, destacando a participación escolar, superando 800 corredores

A Clásica de Negreira presenta a súa 43ª edición.

Martes, 29 octubre 2024

A 43ª edición da Clásica terá lugar o domingo 3 de novembro como unha das carreiras máis importantes do circuito galego, capaz de aunar o deporte popular e o de élite, como evento de primeiro nivel dentro do calendario de carreiras 10K da Federación Española de Atletismo.

Dominino dos atletas keniatas na Clasica de Negreira

Lunes, 6 noviembre 2023

Unha tempada máis, os atletas africanos fixeron valer o seu dominio na Carreira Popular de Negreira, A Clásica. Coparon tanto o podio masculino como o feminino.

Patrocinadores