O atleta keniano Meshack Kipkurgat Kirwa, que parou a crono en 28 minutos e 50 segundos, foi o gañador absoluto da carreira internacional A Clásica de Negreira (10K). Na categoría feminina, a vencedora foi a etíope Sisay Eshetu Dida, con 33.40. Entrou no posto 14.
Coa mellor marca da proba, con dous deportistas baixando dos trinta minutos no 10K, o corredor africano, que no pasado mes de marzo bateu en 28 segundos o récord da medio maratón de A Coruña (1.01.12), entrou en solitario por diante de Nicholas Saitot Munke (29.25). Terceiro foi David de La Fuente Gómez, do Playas de Castellón (30.15). Foi o primeiro español, gañador na San Martiño de Ourense, o domingo pasado, e en Santiago. É subcampión de España dos 5.000 metros en ruta e en pista. É candidato a ir ao Campionato de Europa de cross coa selección española. Na cuarta e quinta posición clasificáronse, respectivamente, Helio Oliveira (30.48) e Amadeo Abal (30.51).
Categoría feminina
Na carreira feminina, a atleta africana, gañadora o pasado mes de outubro da medio maratón de Gijón, cruzou a línea de meta con moita ventaxa sobre as súas perseguidoras, con máis dun minuto ante la segunda clasificada, Mónica R. Lopes da Silva (34.53). Terceira fue Sara Castillo Oñate, de Atletismo Femenino Celta (35.19).
CLASIFICACIÓNS
CATEGORÍA MASCULINA
Atletas – Tempos
1. Meshack Kipkurgat 28.50
2. Nicholas Saitot 29.25
3. David de la Fuente 30.15
4. Helio Oliveira 30.48
5. Amadeo Abal 30.51
6. Mehdi Elnabaoui 31.19
7. Lucas Riola 31.38
8. Lucas Pena 32.05
9. Martín Barreiro 32.19
10. Miguel Quintáns 32.37
CATEGORÍA FEMENINA
1. Sisay Eshetu 33.40
2. Mónica Lopes 34.53
3. Sara Castillo 35.19
4. Sandra Mosquera 37.00
5. Lucía Sicre 37.44
6. Paula Paredes 40.42
7. Candela Gómez 41.07
8. Tamara García 41.18
9. Rosana Fernández 42.08
10. Sofía Pampín 42.13