Regulamento

ARTIGO 1.- PARTICIPANTES

Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A proba negreiresa está inscrita no calendario INTERNACIONAL II de carreiras en ruta.

 

ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS

O prazo de inscrición de participantes na XLII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA quedará aberto dende o VENRES 29 de setembro ata ás 22:00 h. do mércores 1 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse neste enlace(soporte técnico: 654 285 692 – Email: soporte@emesports.es).

*IMPORTANTE: Para participar na 1ª Carreira (DENDE CADETE ATA SUPERVETERANOS) 5.000 m. (Homologada) e a 2ª Carreira (DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS) 10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 8 €/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición, dende o 29/09/2023 – 13/10/2023 e 10 €/participante dende o 14/10/2023– 01/11/2023.

Nota: Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa carreira (5 K. ou 10 K.)

Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e está incluída no Calendario Oficial da FGA, estando rexida polo Comité Galego de Xuices. e mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que  os seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), serán enviados á RFEA para a xestión das licencias de día, resultados e ranking. A posesión da licencia garantiza que o corredor participa cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito o correo electrónico ó programa Carnet Corredor da Real Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 – 28008 Madrid. E-mail: rfea@rfea.es

ARTIGO 3.- DORSAIS

Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, que o teñen que recoller no Patio do C.E.I.P. O Coto (na liña de saída) dende as 8:30 h. ata ½ hora antes de cada proba ó día da Carreira. Tamen poden recollelo o dia anterior na PRAZA DO CONCELLO na CARPA DA CARREIRA en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.

Os dorsais e o chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocado o dorsal no peito sen manipular nin doblar e o chip suxeito nas zapatillas. Os xuices da proba e a organización reservaranse a facultade de descalificar o infractor que, comprobará calquera irregularidade por algún corredor, non leve visible o seu dorsal, ou manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu D.N.I. ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, non facilite á Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do seu correspondente clube, puidendo ser sancionados en caso contrario.

A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo Colexio Oficial de xuices e cronometradores da F.G.A. polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas as reclamacións deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A.

 

ARTIGO 4.- CATEGORÍAS

  • Chupete F/M: Nados/as en 2018 e posteriores.
  • Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2016 e 2017.
  • SUB 10 – Benxamín F/M: Nadas/os en 2014 e 2015.
  • SUB 12 – Alevín F/M: Nadas/os en 2012 e 2013.
  • SUB 14 – Infantil F/M: Nadas/os en 2010 e 2011.
  • SUB 16 – Cadete F/M: Nadas/os en 2008 e 2009.
  • SUB 18 – Xuvenil F/M: Nadas/os en 2006 e 2007.
  • SUB 20 – Xunior F/M: Nadas/os en 2004 e 2005.
  • SUB 23 – Promesa F/M: Nadas/os en  2001, 2002 e 2003
  • Senior F/M: Nadas/os en 1989 ao 2000.
  • Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o dia da proba.
  • Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o dia da proba.
  • Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o dia da proba.
  • Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o dia da proba.
  • Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.

 

1ª CARREIRA (5 K.): CADETES-XUVENIS-XUNIOR-PROMESAS-SENIOR-VETERANOS-SUPERVETERANOS. DISTANCIA: 5.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:00 h
2ª CARREIRA (10 K.): XUNIOR-PROMESAS-SENIOR-VETERANOS M35-F35, M40-F40 , M45-F45 ,M50-F50 E SUPERVETERANOS. DISTANCIA: 10.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:50 h
3ª CARREIRA: ALEVÍNS – INFANTÍS. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:10 h
4ª CARREIRA: BENXAMÍNS. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:25 h
5ª CARREIRA: PREBENXAMÍNS. DISTANCIA: 250 m. HORA SAÍDA: 12:45 h
6ª CARREIRA: CHUPETES. DISTANCIA: 200 m. HORA SAÍDA: 13:00 h.

ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO (Carreira 10 K.)

Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu D.N.I. ou Pasaporte. (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)

PREMIOS ABSOLUTA

1 – 900 €

2 – 500 €

3 – 300 €

4 – 200 €

5 – 100 €

6- </GranTrofeo

ATLETAS GALEGOS * Deben ser atletas nacidos en Galicia ( acumulable ) .

(Mesma cantidade tanto homes como mulleres)

1 – 200 €

2 – 100 €

3 – 50 €

ATLETAS LOCAIS

1 – 100 €

2 – 50 €

3 – 40 €

* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía

EQUIPOS FEDERADOS 

1º – 400 €

2º – 200 €

3º – 100 €

CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES

1.- 300 € (en material escolar*)

*O material deberá ser mercado en establecementos de Negreira.

ARTIGO 6.- TROFEOS E REGALOS

  • Na 2ª Carreira 10 K. (DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres. Os 6 primeiros homes clasificados na xeral tamén obterán trofeos, así como as 6 primeiras mulleres na xeral.Todos os participantes que cheguen á meta, recibirán unha BOLSA DE CORREDOR*.
  • Na 1ª Carreira 5 K. (DENDE CADETES ATA SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoria Cadete e Xuvenil e Absoluta así como os locais tanto en homes como en mulleres. Todos os participantes obterán unha BOLSA DE CORREDOR*.
  • Na 3ª Carreira (ALEVÍN-INFANTIL) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
  • Na 4ª Carreira (BENXAMÍNS) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
  • Na 5ª Carreira (PREBENXAMÍN) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
  • Na 6ª Carreira (CHUPETES) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.

*BOLSA DE CORREDOR: Composta por Bolsa de Polyester, Camiseta Técnica, Pastel, Batido, Bebida isotónica.

 

ARTIGO 7.- PECHE CARREIRAS E PREMIOS ESPECIAIS

O peche de control de chegada na carreira de 10 k será 1 hora e 15 min. despois da saída. Na proba de 5 k. o peche de control será 40 minutos despois da saída. Haberá un premio para o corredor de maior idade, participante na Carreira 10 K., que chegue a meta dentro do tempo límite (home e muller).

 

ARTIGO 8.- SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo, dándolle 1 punto o 1º, 2 puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos teña será o vencedor. O empate resolverase según o disposto no regulamento da IAFA.Para poder optar ó premio os equipos federados, no momento da inscrición, deberase presentar o certificado da federación, acreditando os membros do equipo.

 

ARTIGO 9.- PROTECCIÓN DE DATOS

Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e ou internet. Mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (RFEA e Concello de Negreira) para comunicacións sobre as suas actividades. En todo caso, e tal e como establece a Lei de Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Departamento de Deportes do Concello de Negreira, Rúa san Mauro, 11 s/n. 15830 Negreira; culturadeportes@concellodenegreira, ou ben a RFEA.

 

ARTIGO 10.- CLASIFICACIÓNS E FOTOGRAFIAS

As clasificacións e fotografías, publicaranse en diferentes medios de comunicación da provincia así como en revistas especializadas e páxinas oficiais como:

Na paxina oficial de facebook da Carreira:
Carreira Popular Negreira

 

ARTIGO 11.- ENTREGA DE TROFEOS

Unha vez rematada a 6ª carreira, a entrega de premios será no C.E.I.P. O Coto (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.

 

ARTIGO 12.- RECLAMACIÓNS

As posibles reclamacións serán presentadas ante o Comité de Competición, quen resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.

 

ARTIGO 13.- DESCALIFICACIÓNS

  • Por deterioro físico do atleta.
  • Por abandono do circuito delimitado para a proba.
  • Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a sua extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
  • Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal ou chip.
  • Por realizar a inscrición con datos alterados.
  • Por no atender as indicaciones da Organización ou xuices.
  • Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.

 

ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS

  • Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.
  • Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa o que figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta situación, o atleta será descalificado automáticamente.
  • Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presentes Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira

COMITÉ DE COMPETICIÓN: Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo.

 

ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS

  1. Caixóns de saída por marcas ( dorsais por cores ).
  2. 3 globos ( lebres ) -40´ – 45´ -50´ (Carreira 10 K.)
  3. Servicio de cronometraxe por chips – Emesports
  4. Bolsa do corredor ( bolsa, camiseta técnica, batido,pastel,bebida isotónica).
  5. Fotografía profesional.
  6. Servizo de gardaroupa.
  7. Servizo de gardería.
  8. Servizo de duchas ( autobús dende a liña de Saída/Meta )
  9. Avituallamentos líquidos ( Km. 3,5 e 8,5 ) e en META ( froita , etc…)
  10. Avituallamento en Meta : Bolsa do corredor , froita e auga.
  11. Kilómetros marcados.
  12. Carreira 10 K. e 5 K. CON DISTANCIAS HOMOLOGADAS

#Gozadecadaquilometro