TITUS KIPJUMBA MBISHEI (28/10/1990 -Kenia)

É un corredor de longa distancia en atletismo en ruta e campo a través. Gañou medaias no mundo xuvenil e representou a Kenia nos Xogos da Commonwealth. Comezou a competir no circuíto europeo a finais do 2009, correndo varias probas en Francia e Suiza.
Mbishei ascendeu aos postos superiores en 2010. Comezou a súa preparación de campo a través no 2011 como finalista en Antrim International Cross Country e Cross de San Sebastián. Gañou en Negreira no ano 2016.

TSEGAYE MEKONNEN (15/06/1995 - Etiopia)

Este corredor con tan só 18 anos, alzouse coa vitoria na Maraton de Dubai no ano 2014, a carreira máis rica do mundo (porque ofrece enormes sumas de diñeiro si se concreta un récord do mundo), cun tempo de 2h04:32, novo récord mundial xúnior, que lle proporcionou un premio de 200.000 dólares. Púxose á fronte do ranking mundial desa tempada. Gañou a Carreira de Negreira no ano 2012 con tan só 16 anos.

MANUEL ANGEL PENAS BLANCO (09/11/1997 - Arzúa )

Lolo Penas como así é coñecido no mundo do atletismo, é un dos grandes nomes do medio fondo galego e español. Foi campión de España Promesa de 1.500 m. en pista cuberta en 1998, campión de España Absoluto de Cross curto no ano 2008, campión de España Absoluto de 10 k en ruta, de 10.000 m. e 5.000 m. no 2012. Competiu en mundiais de atletismo e cross coa selección Española, coa que foi internacional 12 veces. Gañou en Negreira nos anos 2005, 2006 e 2013 facéndolle fronte a lexión africana.

ELISARDO DE LA TORRE ALLARIZ (10/10/1971 - Marín)

No ADN dos irmáns De La Torre Allariz, o atletismo é unha das súas principais características, Elisardo como era de esperar seguiu os pasos de Carlos e Daniel. A finais dos anos 80 as luces da atención enfocaban a Carlos, mentres que Elisardo comezaba a formarse e á vez a destacar. A súa especialidade foron os 3.000 metros obstáculos.
Participou nos Xogos de Atlanta 96, defendendo as cores da Selección Español. Depois desta gran cita e xa afincado en Oviedo, decidiu centrarse, especialmente, nas probas de ruta e nas de campo a través. Impúsoxe en Negreira nos anos 1991, 1992, 1994 e 1997.

DULCE FELIX (23/11/1982 - Portugal)

Félix comezou a súa carreira como xunior nos Campionatos Mundiais de Campo a través da IAAF en 2000 e 2001. A pesar de deixar o atletismo un tempo voltou con éxito o escenario nacional en 2007, gañando o título portugués de 10.000 m. Destacan do seu palmarés a medaia de bronce no Campionato de Europa de Cross no 2011 e a medaia de prata tanto individual como por equipos no Campionato de Europa de Cross do 2012. Ten unha mellor marca persoal en 10.000 m. nun tempo de 31:19 acadado no Campionato de Europa de Atletismo en Amsterdam. No ano 2008 alzouse co primeiro posto da Carreira Popular de Negreira.

CLARISSE CRUZ (9/07/1978  -Portugal )

Gañou a medaia de prata nos 3.000 metros obstáculos, a súa disciplina, no Campionato Iberoamericano de Atletismo en 2004,  cun tempo de 9:55:24. En 2005 participou no Campionato Mundial de Atletismo, como integrante da selección Portuguesa quedando as portas da final. Representou o seu pais nos Xogos de Pekin no ano 2008 terminando a súa participación na primeira ronda no 34º posto.
No Campionato de Europa de Atletismo de 2012, clasificouse para a final quedando novena. Ese mesmo ano nos Xogos de Londres acadou un dos seus mellores tempos, 9:32.44 acadando o 11º posto. Na Carreira Popular de Negreira fíxose cos títulos no anos 2011 e 2013.

GLADYS CHERONO KIPRONO (12/05/1983 -Kenia)

Esta atleta de longa distancia converteuse na primeira muller en gañar tanto os 5.000 m. como os 10.000 m. no Campionato Africano en 2012. A súa carreira como atleta comezouna participando nas probas en ruta españolas en 2004. Cherono irrumpiu na elite no 2012 progresando na pista e nas carreiras en ruta. No 2013 acadou a súa mellor marca persoal na Media Maratón de Praga. O 16 de setembro de 2018 obtivo a medaia de ouro na maratón de Berlín cun tempo de 2:18:11. Con este rexistro, colócase como a cuarta mellor marca feminina da historia, e record da carreira alemana. En 2007 alcanzou o primeiro posto na proba negreiresa.

ESTHER PEDROSA CARRETE (19/05/1961 - Santiago de Compostela)

O seu único título nacional, o que sostén un palmarés brillante, conseguiuno o 15 de xuño de 1986 en Madrid no Campionato de España de Gran Fondo. Esther xa estivo nos Campionatos de España de pista ao aire libre de 1983, correndo 1.500 e 3.000 m. sen que os resultados obtidos fixesen ver o que atesouraba de excelente corredora. Esther non foi unha atleta dunha única distancia, participando en maratóns, medias maratóns, 10.000 m e 3.000 m. Defendeu a camiseta de España en oito ocasiones. O palmarés a nivel galego e de sete títulos en cross, catro de 3.000 m. en pista cuberta e nove o aire libre. Sempre participou en numerosas probas de carácter popular e xa en categoría de veteranas acadou no 2018 o récord de España de 3.000 m. en sala na categoría 55 anos, en 2017 conseguiu a plusmarca nacional de 1/2 maratón e ese mesmo ano logrou o título nacional da distancia; en 2016 proclamouse campiona de Europa de 10 kilómetros en ruta e primeira no Campionato de España da milla en ruta… E Esther Pedrosa non parece mostrar intención de deterse. Gañou catro veces a Carreira Popular de Negreira nos anos 1987, 1993, 1998 e 2000.