Jueves, 10 octubre 2019

A Clásica de Negreira cumple 40 anos

A Carreira Popular de Negreira, coñecida como A Clásica, cumprirá 40 anos o 10 de novembro, o mesmo día das eleccións xerais. As inscricións están xa abertas, na web emesports.es. Ata o 31 de outubro aplícase o prezo reducido de sete euros. A partir desa data e ata o 6 de novembro, que é cando se pechan as anotacións, o custo é de dez euros. A Clásica, inclúe os 10.000 metros do circuíto homologado e a proba de cinco mil metros, ademais de catro carreiras para escolares. Os premios manteñen a súa contía de 900, 500, 300, 200 e 100 euros para os cinco primeiros clasificados. Os tres mellores equipos optan a 400, 200 e 100 euros. Ademais, haberá premios para os mellores atletas galegos e locais, mentres que o centro escolar máis numeroso recibirá 300 euros en material.