Jueves, 2 noviembre 2023

Todo preparado para a gran festa do deporte na rúa

A 42ª Carreira Internacional “A Clásica” volve a poñer no mapa do atletismo a Negreira o vindeiro domingo 5 de novembro.   A proba raiña, cun percorrido moi esixente de 10.000 metros, sendo protagonizada polo poderío de atletas africanos, terá a súa saída ás 10:50. Mentres, a primeira carreira de 5.000 metros, mantén a saída ás 10:00 horas.

A cita reúne a atletas estranxeiros que optan aos suculentos premios de 900 euros para os gañadores masculino e feminino, respectivamente, mentres que os segundos lévanse cincocentos; trescentos os terceiros e douscentos para os cuartos. Os tres mellores atletas galegos optan a premios de 200; 100 e 50 euros. Os equipos federados igualmente teñen premio: 400; 200 e 100 euros, aos tres mellores equipos.

Cada participante recibirá a bolsa do corredor que inclúe unha camiseta técnica, e na 10K haberá dous avituallamentos, nos quilómetros 5 e 8 da proba.

Carreiras escolares

As catro probas escolares terán os seguinets horarios de saída:

3ª Carreira: Alevíns e Infantís, con distancia de 1.200 metros, ás 12:10h

4ª Carreira: Benxamíns, con distancia de 1.200 metros, ás 12:25h

5ª Carreira: Prebenxamíns, con distancia de 250 metros, ás 12:45h

6ª Carreira: Chupetes, con distancia de 1.200 metros, ás 13:00h

Recollida de dorsais

SÁBADO

FEIRA DA SAÚDE: (Praza do Concello).- De 10 a 13, e de 16 a 20 horas

DOMINGO

PAVILLÓN CEIP O COTO: A partir das 08:00 horas

 

Corte total de tráfico este domingo por «A Clásica»

As principais rúas do centro de Negreira estarán afectadas polo paso das carreiras, así como as zonas onde quedará prohibido estacionar dende a tarde do sábado.

A recomendación principal é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas.

A qué horas?

O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Zonas afectadas

Con saída da rúa de Castelao, continúa polo instituto Xulián Magariños, parte alta de Rosalía de Castro, avenida das Brañas, rotonda de Ceilán –só un carril-, Pedra Mámoa, Cobas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e chegada de novo a rúa de Castelao.

Rúas cortadas

Totalmente cortadas estarán a rúa do Carme, a rúa de Castelao e maila contorna do instituto Xulián Magariños.

Prohibido aparcar

Dende a tarde do sábado non se poderá estacionar na rúa de Castelao, rúa do Carme, a marxe esquerda da rúa da Cachurra e a contorna do IES Xulián Magariños.

Entradas a Negreira

Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Cobas.

Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Pontenafonso e Urdilde –zona do campo da feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte das vacas, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona.