Martes, 15 noviembre 2022

Peter Kariuki e Joselyn Brea gañan nunha Clásica de Negreira de alto nivel

dominio africano en A Clásica de Negreira foi incontestable. Solo catro atletas baixaron da media hora e os catro son do referido continente. A carrera foi moi igualada. De feito, marcaron o mesmo tempo o paso polo kilómetro cinco, no ecuador da proba. Pero foi o keniano Peter Kariuki Wanjiru o que fixo bos os pronósticos. O seu arreón final valiulle para tomar unha distancia suficiente respecto os seus perseguidores e parar o cronómetro en 29 minutos e 19 segundos.

A trece segundos entrou o seu compatriota Nehemiah Kipyegu. Fai pouco máis dun mes xa foron primero e segundo na 10K de Calatayud e máis recientemente no Cross Internacional de Zaragoza, neste caso sobre unha distancia de algo más de oito kilómetros.

Completou o podio o marroquí Youssef Ben Hadi, nunha bonita loita polo segundo posto que se decidiu o esprint por só un segundo de diferencia. A continuación, a 29 segundos do gañador, entrou tamén marroquí Mohamed El Talhaoui.

A brecha foi grande respecto os demáis, como proba o tempo do ourensano Alejandro Fernández, quinto, 32.57. E tamén foi grande a diferencia respecto o sexto, Amador Pena, 34.14.

No cadro feminino a hispanovenezolana Joselyn Daniely Brea non tivo rival. Firmou un crono de 34.23 que lle serviu para ser sétima na clasificación xeral. Segunda foi a súa irmán Edymar Daniely Brea, 35.41; e terceira Sandra Mosquera Comesaña, 37.12. Outra das favoritas a keniata Nancy Jepleting estivo en cabeza a metade da carreira pero na segunda volta problemas físicos a privaron dos primeiros postos.

Por equipos os gañadores foron os atletas do C. Atletismo Sar, seguindos da SD Compostela Atletismo e o Ginásia Clube de Bragança.

Con anterioridade disputouse a proba dos cinco kilómetros. Gañou Daniel Álvarez, cun tempo de 16 minutos e 53 segundos. A dous segundos cruzou a línea de meta Abel Vila, e a vinte Lucas Pena.

No cadro feminino impúsose a sub 18 Carolina Mastawesha, 19.01; segunda foi a superveterana Esther Pedrosa, 20.28; e terceira a sub 16 Daniela Rama, 20.51.