
Lunes, 6 noviembre 2023
Dominino dos atletas keniatas na Clasica de Negreira
Unha tempada máis, os atletas africanos fixeron valer o seu dominio na Carreira Popular de Negreira, A Clásica. Coparon tanto o podio masculino como o feminino.
O vencedor absoluto foi o keniano Peter Kariuki, que repitiu triunfo e volveu a baixar da media hora para completar os dez kilómetros. Nunha xornada na que as adversidades meteorolóxicas no foron tan acusadas como se preveía, empregou 29 minutos e 26 segundos. Impuso un alto ritmo imposible de seguir para os seus perseguidores e completou casi toda a segunda metade da proba en solitario. Segundo foi o marroquí El Ghazouany (gañador do 10K Os 10.000 peregrinos), a 23 segundos,e terceiro o marroquí Abderrahim Ougra, afincado en Cataluña, a 55 segundos. Entre a representación galega o mellor tempo foi para Jorge Puig Malvar, do Atletismo Santiago, quinto na clasificación xeral, con 31 minutos.
No cadro feminino impúsose a keniana Maurine Toroitich (33.51); o segundo posto correspondeu Nouhaila El Gazouir (35 minutos), do Atletismo Arzúa, recente gañadora da Carreira de Bertamiráns; e o terceiro para Kaoutar Boulaid, marroquí afincada en Cantabria (35.51) que gañou probas tan importantes como a Maratón de Sevilla no ano 2018.
Na distancia corta, cinco kilómetros, que se disputou con moita máis choiva, o podio o coparon Daniel Maneiro (O Pino, 16.48)), Lucas Pena (Millaraio, 16.49) y Alexandre Fernández (Tambre, 17.17); en féminas Debris Paniagua (O Pino, 18.56), Demeku Paniagua (O Pino, 19.28) e a veterana Esther Pedrosa (Playas de Castellón, 20.28), que logrou con esta marca o récord de España da súa categoría.