A Clásica de Negreira presenta a súa 43ª edición.

A 43ª edición da Clásica terá lugar o domingo 3 de novembro como unha das carreiras máis importantes do circuito galego, capaz de aunar o deporte popular e o de élite, como evento de primeiro nivel dentro do calendario de carreiras 10K da Federación Española de Atletismo.

No acto de presentación, que tivo lugar o venres 25 de outubro, Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega, destacou o gran nivel da proba: «É das poucas na que poderemos ver a corredores profesionais con marcas por debaixo dos trinta minutos, o que fala as claras da súa gran tradición e o atractivo que supón os seus premios».

Tamén o alcalde, Manuel Ángel Leis, suliñou o esforzo organizativo que realiza o Concello para manter o evento entre os máis importantes de Galicia, «aunando a presenza de deportistas populares con aqueles profesionais que alcanzan os mellores tempos», ao tempo que avanzou que no 2025 haberá un novo circuito homologado. A Carreira Internacional de Negreira terá uns seis mil euros en premios para a proba principal.

A presentación serviu tamén para homenaxear a dez deportistas do Club Atletismo Negreira, entre eles a campiona galega absoluta e sub 23 de triple salto, Alba Cuns, e o seu irmán, Gonzalo, subcampión absoluto e campión sub 18 en triplo salto, ou Samuel Lema, subcampión absoluto e sub 23 de lanzamento de peso.