Miércoles, 9 mayo 2018

38ª Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨

O atleta marroquí Jaouad Chemlal, do equipo Playas de Castellón, segundo clasificado na recente 38ª Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, acadou a vitoria na 10K de Valencia este pasado domingo cun tempo en meta de 28 minutos e 43 segundos.

Pola súa banda, o seu compatriota Jaouad Tougane, olímpico en Río de Janeiro 2016 e terceiro na 38ª Carreira Popular de Negreira, obtivo un destacado segundo posto na prestixiosa 38ª edición da Carrera Popular de Canillejas, en Madrid, despois de estar escapado desde o quilómetro 4 da proba. Jaouad Tougane cruzou a liña de meta en 29 minutos e 15 segundos, a sete do vencedor, o seu compatriota Zakaria Mazouzi.